O estudantado santiagués xa leva máis dunha semana de concentracións en solidariedade co pobo palestino, e hoxe a loita mudou ás rúas para facer ruído e pedir accións á universidade. Dende Erguer, unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, convocouse unha concentración para denunciar a ofensiva israelí en Gaza.

O obxectivo principal, como explica o responsable da organización Artoi Gavilones, era "presionar á Universidade, unha reunión con eles e intentar conseguir uns compromisos". Ao remata da protesta accederon ao reitorado e conseguiron a tan desexada reunión.