A noite do luns foi o debut de Brión no Grand Prix, o coñecido concurso familiar de RTVE que volve tras case 20 anos desaparecido da pequena pantalla

Dende o minuto 1 Brión demostrou que non só ían con gañas, senón que ademais tiñan o talento necesario para pasar con solvencia as complicadas probas. E a pesar de ser os máximos protagonistas do programa, Brión quedou eliminada do icónico concurso de maneira non moi xusta xa que o marcador deu un xiro inesperado nunha proba da que non dependían de ningunha habilidade senon simplemente do azar e a sorte.

A pesar do resultado, todos os galegos sabemos que eles son os vencedores por xustiza.