O CIS Madeira eloxia o uso de especies galegas na renovación do paseo marítimo de Caión
Esta primeira fase, que afecta o sector do Sendeiro de Saldoiro, ten un orzamento de 88.500 euros
Suso Souto
O Concello da Laracha está rematando a primeira fase do proxecto de renovación e mellora dos elementos de protección dun tramo do paseo marítimo de Caión, que afecta ao sector do Sendeiro de Saldoiro que comunica a Praza Eduardo Vila Fano co acceso principal á praia das Salseiras. A renovación da varanda de madeira, incluíndo as escaleiras intermedias de baixada aos areais do Caracoleiro e das Salseiras, estase a facer con material e deseño sostibles, empregando na construción madeira de castaño autóctona, esteticamente axeitada e adaptada á contorna. Tamén se inclúe no proxecto a mellora da sinalización e a instalación de novo mobiliario.
Os traballos estiveron supervisados polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira), que destacou a calidade dos materiais e o excelente resultado obtido nunha actuación que considera exemplo de obra nova que pon en valor as especies frondosas e promociona a madeira na construción. Esta primeira fase ten un orzamento de 88.500 euros.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- La afición del Obradoiro quiere a Moncho, pero su futuro parece estar lejos de Sar
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- Llegan las primeras despedidas en el Obradoiro tras el descenso
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Los Reyes que yacen enterrados en la Catedral de Santiago: visitas guiadas al Panteón Real
- Una leyenda del Obradoiro se despide