O Concello de Ames destina 40.000 euros para axudas á promoción do comercio local
O prazo de solicitude está aberto dende o 19 de abril, e cinco mil euros do total destínanse a equipamento
Redacción
O Concello de Ames pon en marcha unha liña de axudas para promocionar o comercio local. A contía do orzamento ascende ata os 40.000 euros, destinándose 35.000 euros a promoción comercial e 5.000 euros a infraestruturas e equipamento. O prazo para solicitalas comezou o pasado dezanove de abril e manterase aberto durante un mes. As solicitudes poden presentarse a través de Internet.
Con esta iniciativa o goberno municipal pretende aumentar ao máximo o número de clientes dos negocios da localidade. Para isto preténdese empregar aos colectivos para conseguir mellorar a calidade da actividade comercial que ten Ames. Ademais, coas axudas aspírase a fomentar unha actividade estable de promoción e mellora do comercio.
As liñas de actuación que se pretenden levar a cabo son, por unha banda, dar prioridade a actividades abertas á participación do comercio de forma xeral e, por outra, conseguir o autofinanciamento das propias entidades, outorgándolle prioridade a aquelas que aporten unha maior porcentaxe de fondos propios ao desenvolvemento das actividades.
“Esta liña de axudas pretende dinamizar o noso comercio local a través dunha subvención directa aos colectivos do concello, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Ames, reforzando o tecido empresarial e creando oportunidades de emprego”, explicou ao respecto Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, en referencia á inicitiva levada a cabo polo seu departamento.
Os elementos que son susceptibles de axudas son a promoción das ventas, a publicidade, o desenvolvemento de exposicións, a animación comercial ou actividades que procuren o impulso de productos comercializados por empresas amesás. O apoio para infraestruturas e equipamentos diríxese a realizar melloras nas instalacións dos comercios, mercar material mobiliario e contar cun software propio ou unha páxina web, entre outros fins.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Cesa el equipo directivo por los problemas de convivencia que lleva meses sufriendo el Instituto do Milladoiro
- El eucalipto de Galicia prepara su camino para convertirse en ropa
- Lavacolla se prepara para recibir a los viajeros de los vuelos desviados por el cierre de Peinador
- Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
- La nueva tableta de chocolate con galleta revoluciona Mercadona: cuesta 1€ y dicen que es mejor que el de Nestle
- Crónica social compostelana | La familia De la Iglesia se reúne en honor a sus padres
- Moonoff, la firma que nació en un garaje de Santiago y ahora ilumina tres continentes