FORMACIÓN

Mulleres de Ucraína, Marrocos, Paquistán e Colombia participan nun obradoiro de bo trato na Laracha

A iniciativa enmárcase no proxecto municipal Exprésa-T

Os contidos céntranse no autocoñecemento e autocoidado

Participantes no obradoiro de autocoñecemento e autocoidado da Laracha

Participantes no obradoiro de autocoñecemento e autocoidado da Laracha / C. L.

J. M. Ramos

A Laracha, dentro do espazo Exprésa-T, acolle un obradoiro de bo trato e autocoidados que imparte a ONG Sedra-Federación de Planificación Familiar, que traballa para que todas as persoas poidan exercer o seu dereito a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución. Os contidos que se traballan céntranse na anatomía e hixiene persoal xenital, o autocoñecemento e autocoidado do corpo a niveis interno e externo, a sexualidade e a saúde sexual.

Están a participar mulleres residentes na Laracha e de nacionalidades como Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia. A última das sesións está programada para levarase a cabo o próximo venres. A iniciativa está enmarcada no programa A Laracha acolle, unha iniciativa dirixida ás persoas inmigrantes –prioritariamente, ao colectivo das mulleres– que ten por finalidade a súa inclusión social e cultural. Componse de dúas liñas de acción: un taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e o espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T.