FOTOGRAFÍA
Xesús Búa leva a Portugal os 'Homes e mulleres de sal e ferro'
A mostra fotográfica estará presente no Festival Internacional de Avintes
O encontro reúne vinte e dúas exposicións de once países
J. M. Ramos
O fotógrafo muxián Xesús Búa leva a súa exposición Homes e mulleres de sal e ferro ao Festival Internacional de Fotografía de Avintes (Portugal), que se inaugura este venres, día 10, e acolle 22 mostras de imaxes de once países.
A través de retratos, Búa amosa “o tesón e a forza física e psíquica dos percebeiros” da Costa da Morte. Quenes contemplen as súas imaxes poderá achegarse á vida diaria destes profesionais do mar, “desde que almorzan na casa, ata que saltan ás pedras para centrarse na loita co mar, e tamén a escolla do produto cando chegan a terra”, sinala.
Os protagonistas da exposición son percebeiros de Muxía, Camelle e Camariñas retratados ao longo de moitos anos nas pedras de Illa Lobeira, na Punta da Barca e Touriñán, entre outros espazos. A mostra, comisariada por Lois Búa, compleméntase con ferramentas, traxes de traballo e calzado empregados polos propios percebeiros, para ofrecer unha visión máis ampla do seu labor, e inclúe tamén poemas de diversos autores de Costa da Morte.
Cómpre lembrar que o municipio portugués de Avintes, que acolle este encontro de referencia no mundo da fotografía a nivel europeo e tamén de Amércia, está irmandado dende hai varios anos co Concello de Ponteceso.
- El electrodoméstico que sustituye al horno y a la freidora de aire ya cuesta menos de 40 euros en Lidl
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
- El desayuno que atrasa el envejecimiento y toma a diario Amancio Ortega
- Una gran bola de fuego ilumina el cielo de Galicia y Portugal: '¿Lo habéis visto?
- Así es el paraíso oculto entre las montañas gallegas: la aldea más escondida tiene alojamientos exclusivos y está a dos horas de Santiago
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Moncho Fernández se marcha del Obradoiro a coste cero al existir una claúsula en su contrato