Visitas guiadas polo patrimonio de Vimianzo na Semana Santa

No Castelo estará dispoñible a mostra de Artesanía en Vivo e a exposición ‘Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo’

O Castro das Barreiras,  considerado polos expertos unha xoia do noroeste peninsular

O Castro das Barreiras, considerado polos expertos unha xoia do noroeste peninsular / CEDIDA

B. C.

Con motivo da celebración da Semana Santa, o Concello de Vimianzo pon a andar unha programación cultural con actividades enfocadas a coñecer o rico patrimonio do municipio. Ata o domingo 31, residentes e visitantes terán a oportunidade de mergullarse de cheo neste concello.

Un dos eventos máis esperados son as visitas teatralizadas ao maxestoso Castelo de Vimianzo, programadas para o xoves 28, venres 29, sábado 30 e domingo 31 de marzo. Estas visitas, que se levarán a cabo en diferentes horarios, ofrecen unha experiencia única explorando os recunchos deste emblemático castelo que ata o 31 de marzo alberga a tradicional Mostra de Artesanía en Vivo e a exposición ‘Vimianzo no tempo, desde o castrexo ata o medievo”.

Haberá outras visitas guiadas a varios puntos de interese. Ademais do Castelo de Vimianzo, os Batáns e Muíños do Mosquetín, o Castro das Barreiras e o porto de Cereixo serán outras zonas a explorar. Estas visitas permitirán ás persoas asistentes descubrir a riqueza cultural e arquitectónica de Vimianzo, guiadas por expertos en cada área.

Destacando a súa importancia histórica, o arqueólogo Tito Concheiro ofrecerá unha visita guiada ao Castro das Barreiras o venres 29 de marzo, compartindo detalles sobre o pasado de Vimianzo, desde o castro ata o castelo.

Para involucrar os máis novos, o concello prepara unha actividade especial o 1 de abril, na que a cativada de entre 7 e 14 anos poderán explorar o municipio dunha maneira orixinal e divertida.

Todas estas actividades son gratuítas, pero requiren de inscrición previa.

LE AQUÍ O ESPECIAL SEMANA SANTA 2024 EN PDF

LE AQUÍ O ESPECIAL SEMANA SANTA 2024 EN PDF