Cee e a Asociación Paseniño darán visibilidade ao autismo a través dun espectáculo teatral
Ademais, o Concello iluminará de cor azul o monumento a Domingo Antonio de Andrade
O Concello de Cee, da man da Asociación Paseniño, conmemorará o Día Mundial do Autismo co espectáculo teatral Hugo, da compañía Os Náufragos, unha peza familiar para todos os públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as microdiscriminacións diarias que sofren as persoas con trastornos do espectro autista.
Trátase dunha obra galardoada co Premio María Casares 2022, que poderá verse o sábado día 6 ás 20.00 horas no Auditorio Baldomero Cores. As entradas, a 2 e 3 euros, pódense mercar anticipadamente na biblioteca ceense ou na taquilla o propio día da función.
Ademais, o Concello iluminará de cor azul o monumento a Domingo Antonio de Andrade como acto de recoñecemento cara ás persoas con autismo.
Desde a primeira conmemoración do Día Mundial do Autismo, no ano 2008, esta data serviu para destacar as contribucións das persoas autistas en diversos ámbitos da sociedade, como o fogar, o traballo, as artes e tamén na elaboración de políticas.
Temas
Más en A Costa da Morte
-
Ingresado en la UCI un joven peregrino que cayó al mar en Fisterra
-
El Museo Fernando Blanco de Cee limpiará sus tesoros aprovechando la reforma que se inicia este jueves
-
Veteranos del Ejército y de la Guardia Civil de Valladolid peregrinan por el Camino a Fisterra
-
O Punto de Intervención de Íntegro presta apoio a 68 mulleres do rural de Costa da Morte con diversidade