Síguenos en redes sociales:

O proxecto Novemares pon en valor en Razo o variado patrimonio ligado ao litoral

O proxecto Novemares pon en valor en Razo o variado patrimonio ligado ao litoralCEDIDA

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu no Náutico de Razo (Carballo) á primeira das xornadas sobre os deportes do mar que se celebran dentro da Iniciativa dos Foros Espazos Xeradores de Cultura do proxecto Novemares organizado pola Fundación Eduardo Pondal no seo do GALP.

Villares eloxiou a posta en valor do patrimonio cultural ligado ao litoral: dende a pesca á arquitectura, pasando pola gastronomía, as romarías, a literatura, o arte, a artesanía, o deporte ou a lingua.

Pulsa para ver más contenido para ti