Destinan 300.000 euros á mellora das beirarrúas na avda. da Maía en Bertamiráns
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Ames, Blas García, asinaron un convenio de colaboración para cofinanciar o acondicionamento e mellora das beirarrúas da avenida da Maía, en Bertamiráns. O orzamento da actuación ascende a 301.205 euros, dos que a entidade provincial aporta o 80 % do financiamento, que supón 240.964 euros, e a administración local a cantidade restante (60.241 euros).
Cómpre lembrar que no pleno ordinario de xuño de 2021 aprobouse por unanimidade de toda a Corporación a solicitude de dita subvención nominativa á Deputación Provincial da Coruña.
A avenida da Maía é a principal arteria de Bertamiráns e, dende que no ano 2020 se conseguiu a cesión da mesma por parte da Xunta, o goberno municipal está traballando na súa humanización. Nos últimos meses xa se realizaron melloras no pavimento da estrada e agora preténdese mellorar o estado das beirarrúas.
As beirarrúas de ambas marxes da avenida da Maía presentan un estado deficiente e heteroxéneo froito das intervencións realizadas, así como do uso da maquinaria de limpeza viaria que debido ao peso e ao uso habitual ocasionan danos. Ten, ademais, numerosas arquetas e pozos deteriorados.
Temas
Más en Área
-
El Supremo confirma la inhabilitación del exalcalde de Coristanco por prevaricación
-
Una colisión frontolateral entre dos vehículos deja una persona herida en Carballo
-
Miguel Muíños Chamadoira pesca el primer salmón de la temporada en el Ulla y lo devuelve al río
-
Miguel Muíños Chamadoira pesca el primer salmón de la temporada en el Ulla y lo devuelve al río