Dobre cita feiral na Estrada de antigüidades, artesanía e oportunidades do comercio

Máis de medio cento de empresas amosarán a súa oferta de produtos na vindeira fin de semana

Imagen de la feira de antigüidades de una edición anterior

Imagen de la feira de antigüidades de una edición anterior / ECG

Redacción

O recinto feiral da Estrada inaugurará esta fin de semana o seu calendario de 2023 cunha dobre mostra: a 11 Feira de Oportunidades do Comercio e a 64 Feira de Antigüidades e Artesanía, que xuntarán máis de medio cento de empresas expositoras.

A mostra de oportunidades estará ubicada nos pavillóns tres, catro e cinco, e xuntará firmas de roupa, calzado, xoguetería, mobiliario, tapicería, descanso, artesanía, complementos varios e vehículos de ocasión, entre outros. Os expositores patrocinarán os vinte e tres agasallos que se sortearán entre os visitantes, e o Concello da Estrada, a través dos produtores artesanais locais, convidará a dúas degustacións de produtos da terra (sidra, mel, queixo, embutidos...)

Asemade, habilitarase un parque infantil con inchables para os máis cativos. Estará operativo no horario da cita feiral.

Pola súa banda, a feira de antigüidades estará no pavillón seis e acollerá a anticuarios de Galicia e tamén doutros puntos de España.

O recinto feiral abrirá o venres, día 10, ás 16.00 horas, e o sábado e o domingo permanecerá aberto dende as 11.00 ás 20.00 horas.