Catoira acolle o venres a xornada ‘Os camiños da Memoria Democrática’

Participan, entre outros persoeiros, o xuíz Garzón e a exministra Dolores Delgado

O xuís Baltasar Garzón

O xuís Baltasar Garzón / FDV

Redacción

O auditorio de Catoira acolle este venres, 10 de marzo, unha xornada baixo o lema Os camiños da Memoria Democrática, organizada polo colectivo Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía. Entre outros persoeiros participan o xuís Baltasar Garzón e a exministra Dolores Delgado.

A xornada abordará a consideración da iniciativa cívica a favor da Memoria Democrática que foi, e continúa a ser, unha mostra do poder da sociedade civil na loita pola verdade, a xustiza e a reparación das vítimas do franquismo no ámbito territorial español no que, durante décadas, as persoas comprometidas nesta causa e os familiares das vítimas loitaron polo recoñecemento e a reparación das inxustizas cometidas durante o réxime franquista, polo que foi grazas á iniciativa social de base que se conseguiron avances, incluídos os elevados a rango de lei.

Xirará en torno A iniciativa civil na dignificación das vítimas, e desenvolverase en dúas diferentes palestras no auditorio de Catoria este venres. Na primeira, con comezo ás 17.00 horas, intervirán Xosé Álvarez, Xoán Carlos Garrido, Eliseo Fernández, Eleonore Haddidoui, Emilio Crespo e Fernando Serrulla, que serán coordinados por Javier Frieiro e Borja H. Ferro

Na segunda, ás 20.00 horas, farano Baltasar Garzón, Dolores Delgado, Lourenzo F. Prieto e Santiago Macías. Entre ámbalas dúas haberá unha pausa café e comparecencia coa prensa.

Esta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Catoira, poderá seguirse en directo a través de internet, na canle https://www.youtube.com/@ofaiadodamemoriavilagarcia.