Xesús Búa trae a Vimianzo as imaxes da loita entre o mar e os percebeiros
O fotógrafo muxián Xesús Búa amosará na casa da cultura de Vimianzo, a partir do venres, día 10, máis de trinta imaxes da súa exposición Homes e mulleres de sal e ferro, coa que expresa a través de retratos “o tesón e a forza física e psíquica dos percebeiros” da Costa da Morte.
Unha mostra que recolle en fotografías como é a xornada destes homes e mulleres, “desde que almorzan na casa, ata que saltan ao mar para centrarse na loita co mar, e tamén a escolla do produto cando chegan a terra”, sinala Búa. Imaxes de percebeiros de Muxía, Camelle e Camariñas captadas ao longo de moitos anos nas pedras de Illa Lobeira, na Punta da Barca e Touriñán, entre outros espazos.
A exposición, comisariada por Lois Búa, compleméntase con ferramentas, traxes de traballo e calzado empregados polos propios percebeiros, para ofrecer unha visión máis ampla do seu labor. No acto inaugural, que comezará ás 20.00 horas e será presentado polo historiador Xan Fernández Carrera, intervirán tamén varios poetas de Costa da Morte, que ofrecerán un recital de poemas de diversos autores da zona. A mostra recala en Vimianzo despois de pasar polas illas Azores e polo Pazo da Cultura de Carballo.
Temas
Más en Área
-
Cesa el equipo directivo por los problemas de convivencia que lleva meses sufriendo el Instituto do Milladoiro
-
El conjunto de hórreos de esta parroquia de Muros, a pie de una playa de arena fina y aguas turquesas
-
Arrancan las dos puertas de un turismo para liberar al conductor accidentado en Dubra
-
A escritora Marilar Aleixandre xa ten o seu ‘cuarto vivo’ no hotel Bela Fisterra