Carballo busca cartel para a difusión da festa de San Xoán

Xuntanza dos membros da comisión de festas de San Xoán /c, carballo

Xuntanza dos membros da comisión de festas de San Xoán /c, carballo / redacción

Redacción

Este ano as celebracións patronais de Carballo na honra de San Xoán celebraranse do 21 ao 26 de xuño, e o domingo seguinte, 2 de xullo, será a Festa do Bosque. A comisión organizadora xa está traballando no programa, e vén de convocar o tradicional concurso para a elección do cartel que anunciará as festas, cun premio de 450 euros que está patrocinado, un ano máis, por Opticalia Enríquez. O prazo para presentar as propostas está aberto ata o 10 de abril. As bases poden consultarse na web carballo.gal.

A comisión de festas vén de reforzarse con novas incorporacións. Sergio Varela Fuentes é o presidente; Gustavo Lorenzo Pena, secretario, e exercen como vogais José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey, María Pereira Mariño, Alba Cerqueiro Vázquez, Antía Suárez Martínez, Asun Vázquez Bértoa, Roberto Rancaño Lagoa e Rodrigo Felípez Ferreiro. As representantes do Concello carballés serán Maruxa Suárez, concelleira de Festas, e Carmen Castro, xefa do servizo da área de Cultura.