Corenta rapaces amesáns sumáronse á ‘Finde na neve’ na estación de Leitariegos
A actividade, organizada pola concellería de Xuventude, volveu ter un gran éxito un ano máis

O grupo que saíu de Ames ao Val de Laciana / Concello de Ames
Redacción
A concellería de Xuventude de Ames organizou esta fin de semana a actividade Finde na neve, unha viaxe á estación invernal de Leitariegos, situada na comarca do Val de Laciana, en León, na que 40 mozos e mozas amesáns gozaron de dúas xornadas de esquí e natureza. A excursión incluíu o desprazamento en autobús, aloxamento e pensión completa e o acceso ás pistas e ao material de esquí, así como clases impartidas por un equipo de monitores. Na saída participaron persoas de entre 15 e 28 anos.
O grupo saíu de Ames ao redor das 16.00 horas, e chegou ao Val de Laciana cara ao final do día. Tras cear e recoller o material de esquí, os participantes na citada excursión tiveron a oportunidade de realizar unha saída pola vila.
Tras unha noite de descanso, as actividades deron comezo ás 08.00 horas do sábado. Os mozos e mozas gozaron de dúas horas de clases de esquí, e posteriormente puideron realizar a actividade por libre. Pola tarde, os excursionistas coñeceron Villablino, o núcleo principal da comarca, cualificada como Reserva da Biosfera dende o ano 2003. Alí realizaron unha xincana xunto aos seus monitores.
Xa na xornada do domingo, día 12, a rapazada volveu participar nunha nova sesión formativa de esquí, así como de máis tempo libre nas pistas de Leitariegos, antes de entregar o material e subir ao autobús para poñer fin á viaxe de tres días. O grupo regresou a Ames ao redor das 20.00 horas.
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Los vecinos de los okupas de Bertamiráns temen un efecto llamada: 'Estamos desesperados. No los queremos aquí
- Investigan la aparición de un cadáver en una acera de Boiro
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La ganadería de Trazo entre las diez de España con vacas más productivas: 'Cuidamos su descanso, el ordeño e intentamos tener la granja impoluta
- Problemas para el tráfico en Santiago: el túnel del Hórreo estará cerrado la próxima semana por la noche