A Laracha planta castiñeiros e Ponteceso flores para celebrar o Día dos Bosques e da Poesía
O monte Carboeiro da Laracha acolleu o acto central da Consellería do Medio Rural para conmemorar o Día Internacional dos Bosques, que xuntou a 44 escolares do CEIP Cidade Villa, da Coruña, que plantaron vinte e cinco castiñeiros.
Ao acto sumáronse o alcalde, José Manuel López; o xefe do Servizo de Montes, Iñaki Bergaretxe, axentes medioambientais, unha brigada e persoal do Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas, que explicaron aos escolares o seu labor na prevención e extinción de incendios.
Pola súa banda, en Ponteceso, sesenta nenas e nenos do colexio As Forcadas, de Corme recitaron o Himno de Galicia nun acto organizado polo Concello con motivo do Día Mundial da Poesía. Unha cita que se complementou coa creación dun xardín que incluíu sesenta e dúas plantas na contorna da praia da Arnela. j. m.
Más en Área
-
Más de 80 estrellas Michelin iluminarán la gastronomía gallega
-
Trescentos mil bonos e 12 millóns de euros mobilizados na campaña Activa Comercio en toda Galicia
-
Os carballeses solicitan 734 nichos e 37 columbarios no ampliado cemiterio municipal
-
Concello e Real Academia activan en Ames o 'modo galego'