Síguenos en redes sociales:

A Xunta flexibiliza os usos e visitas no Areoso e permitirá a pesca recreativa

A Xunta flexibiliza os usos e visitas no Areoso e permitirá a pesca recreativa

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, informou ós alcaldes de A Illa, Carlos Iglesias, e Ribeira, Manuel Ruiz, as melloras e cambios que a Xunta está a introducir na orde pola que se regularán os usos públicos e actividades permitidas no arquipélago dos Guidoiros, do que forma parte o illote do Areoso, e da illa da Rúa, un espazo natural que nos últimos anos vén rexistrando unha afluencia de visitantes crecente. Así, increméntanse en tempada alta de 100 a 150 os visitantes diarios permitidos no Areoso, cunha terceira quenda de visitas fronte ás dúas previstas inicialmente: do amencer ao mediodía; do mediodía ata as 16.00 e das 16.00 ata o solpor. As autorizacións diarias de fondeos e atraques no medio insular increméntanse tamén nun 50 % nas tempadas alta e baixa. Entre outras cousas, permítense o acceso á illa da Rúa e ó illote Pedregoso fóra do período de cría (de marzo a xuño), o mergullo recreativo e deportivo en apnea e a pesca recreativa en todo o ámbito (salvo nos 200 metros que rodean o Areoso).

Pulsa para ver más contenido para ti