A larachesa Dorinda Rebón cumpriu 101 anos

Dorinda Rebón, coas flores e a placa, acompada do alcalde, no centro, a concelleira, á esquerda, e familiares

Dorinda Rebón, coas flores e a placa, acompada do alcalde, no centro, a concelleira, á esquerda, e familiares / Concello da Laracha

Redacción

Dorinda Rebón Velo, veciña do lugar de Condes, da parroquia de Soandres (A Laracha) cumpriu 101 anos e celebrouno na súa vivenda, onde recibiu a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da edil de Servizos Sociais, Rocío López, que a agasallaron cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en representación do Concello..

Esta nova centenaria larachesa sempre residiu na mesma vivenda na que naceu. Actualmente comparte fogar co seu único fillo, Desiderio, coa súa nora Aurora e con unha das súas netas, Sandra. Á celebración do aniversario tamén acudiu a súa outra neta, Lucía, e o marido desta, Dennis, entre outros familiares. Tamén quixo felicitala o párroco de Soandres, Manuel Mallo.

No Concello da Laracha están empadroadas once persoas con máis dun século de vida, das cales nove son mulleres e dous son varóns.