Rapaces de Santa Comba aprenden a facer queixo no Xallas e con leite local
Escolares de Santa Comba aprenderon estes días os segredos para facer queixo fresco nunha visita á granxa SAT Os Agros. Foron medio cento de cativos de 3° de Educación Primaria do CEIP Barrié de la Maza quenes desfrutaron da visita divulgativa sobre a gandeiría na capital xalleira, ao igual que o resto da comunidade educativa de todo o Concello. Foi dentro dunha actividade coordinada polo departamento de Turismo municipal e, ademais, os rapaces a tiveron a sorte de facer o seu propio queixo, coñecendo algunhas das posibilidades do leite local co obradoiro de elaboración do produto e grazas aos consellos didácticos da bióloga xalleira Lidia Ferreras Ferrol. “Como sempre, sairon encantados... e esta vez con queixo e chocolate”, trasladan dende o executivo local –asistiu a alcaldesa María Pose–, ao tempo que agradecen a Lidia e á SAT Os Agros, ao igual que á SAT Sampérez de Guisande e a explotación O Rubio, “ás facilidades e o magnífico trato cos rapaces nesta actividade de promoción do sector gandeiro entre os escolares”.
Temas
Más en Área
-
El incendio de un tractor afecta a una pequeña masa arbolada en Padrón
-
El incendio de un tractor afecta a una pequeña masa arbolada en Padrón
-
Ribeira adxudica a reforma da Praza dos Estudantes, anunciada por Ruiz en 2018
-
A depuradora de Arca estará rematada este verán e dará servizo a cinco núcleos do Pino