Plan para humanizar a rúa larachesa Pereira Penedo da parroquia de Torás
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e o alcalde de A Laracha, José Manuel López, asinaron o convenio o convenio de colaboración para investir 99.961 euros na humanización e mellora da accesibilidade na rúa J.M. Ferreira Penedo, na parroquia de Torás. A entidade provincial aportará o 80%, que supón unha cantidade de 79.969 euros, e a Administración local o 20% restante.
O proxecto pretende deseñar un entorno urbano á medida das persoas, humanizando o núcleo da vila e incluíndo espazos para pasear, reducindo o tráfico rodado e eliminando os estacionamentos incontrolados. Para iso realizarase unha vía de sentido de circulación único e de tráfico diferenciado, con beirarrúa e vial a diferentes niveles, creando espazos para aparcamentos e áreas para mobiliario urbano.
Para mellorar a accesibilidade ampliarán o ancho das beirarrúas actuais, cunha nova banda libre de mínimo 2 metros. Vanse corrixir as pendentes e construír novos pasos de peóns.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos