Obradoiros de debuxos animados nas bibliotecas de Ames

Contacontos nunha biblioteca de Ames/ ECG

Contacontos nunha biblioteca de Ames/ ECG / s, elvira

Dende este marte e ata o vindeiro xoves, 20 de abril, está aberto o prazo de inscrición no obradoiro A máquina de facer debuxos animados, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. O taller está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de Primaria, e terá lugar na biblioteca do Milladoiro o venres 21 de abril, ás 17.30 horas, e na de Bertamiráns o sábado 22, ás 11.30 horas.

Para anotarse na actividade é preciso escribir un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal no se que indiquen nome, apelidos e idade dos nenos/as que vaian a participar, así como un número de teléfono de contacto. Para consultar calquera dúbida pódese chamar aos números de teléfono 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro) e 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns).

Por outra banda e co gallo do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, as bibliotecas municipais do concello de Ames presentan tamén dúas novas actividades de animación á á lectura, que se enmarcan dentro da súa programación bril, mes do libro. Trátase dun concurso de debuxo e a campaña Superlectores, que por segundo ano consecutivo buscan recoñecer ao seu público infantil e xuvenil sorteando varios lotes de libros.