Charla sobre o impacto dos parques eólicos nos penedos de Pasarela e Traba

Parque eólico

Parque eólico / ECG

Redacción

Este venres, 14 de abril, ás 19.30 horas terá lugar na Casa da Escola Labarta Pose de Pasa, e cargo da Plataforma SOS Penedos, unha charla informativa sobre o impacto que terán sobre os penedos de Pasarela e Traba a implantación do parque eólico Pena dos Mouros. Tamén sobre a súa implicación nos montes de Piñeu e Milleira, das parroquias de Pasarela-Calo e Carantoña. Dende SalvemososPenedos animan aos veciños das parroquias a participar na citada charla.