Síguenos en redes sociales:

Valga busca financiación para avanzar na rexeneración da antiga mina de Porto Piñeiro

Valga busca financiación para avanzar na rexeneración da antiga mina de Porto PiñeiroConcello de Valga

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, mantivo este martes unha xuntanza de traballo con Pablo Fernández, director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta, para estudar posibles colaboracións que permitan dar novos pasos adiante no proceso de rexeneración e posta en valor da antiga mina de Porto Piñeiro.

Unha das prioridades que lle trasladaron foi a necesidade de pechar, mediante a instalación dunha baranda, o perímetro da lagoa, que abarca máis de cinco hectáreas, para así garantir a seguridade na zona. Actualmente nos terreos da antiga mina están a desenvolver as primeiras obras coa creación dunha vía peonil e outra ciclable que bordean unha parte da lagoa. Pero o mencionado proxecto inclúe moitas máis actuacións de renaturalización e transformación da contorna, entre elas habilitar unha zona de praia fluvial e unha piscina, espazos deportivos para practicar disciplinas como o skate ou fitness, un escenario flotante e unha zona de aloxamento con cabanas en terra e sobre a auga.

Pulsa para ver más contenido para ti