A Xunta asegura que non se fará o parque eólico Pena dos Mouros
A dirección xeral de Planificación Enerxética asegura que o parque eólico Pena dos Mouros, que pretendía desenvolver EDP Renovables nos montes de Laxe, Vimianzo e Camariñas, non sairá adiante ao incumprir os requisitos fixados polo Goberno central para este tipo de instalacións, motivo polo cal non poderá obter tampouco unha declaración de impacto ambiental favorable.
Ademais, segundo sinalaron desde a Xunta, o proxecto xa perdeu os seus dereitos de acceso e conexión eléctrica. Así o confirmaron este martes dende a direccción xeral de Planificación Enerxética logo de que un grupo de empresas de turismo sostible da área de Trece e os Penedos de Pasarela e Traba solicitasen á Xunta que non conceda autorización ambiental ao proxecto, por entender que este supón “un ataque frontal contra o sector turístico na área da Paisaxe Protexida dos Penedos”.
Igualmente o colectivo Salvemos Cabana puxo a disposición de todas as persoas interesadas un documento xeral de alegacións contra o referido parque, asegurando que “os especialistas avogan por evitar proxectos que se desenvolvan en áreas onde perxudiquen as estratexias de desenvolvemento local ou rural do territorio, ou sexan incompatibles con outras accións sostibles susceptibles de xerar máis emprego”.
Más en Área
-
Nin a choiva para a paixón polas Letras Galegas, con andaina solidaria dende Rois
-
Música, artesanía e literatura enchen o Pazo de Goiáns de Boiro coa Romaría das Letras do Barbanza
-
Juzgan a dos personas por vender a hospitales gel hidroalcohólico que mezclaban con aguardiente en un laboratorio clandestino de Boiro
-
La cifra de alumnos y personal del colegio Ventín con cuadro de diarrea supera los 70 y la Xunta toma muestras de la comida ya