Antón Cortizas e estudantes de Baio xogaron coas palabras
O escritor Antón Cortizas impartiu un obradoiro ao alumnado de segundo de ESO do IES Maximino Romero, de Baio, ao redor da súa última publicación: Adiviña unha adiviña. A partir dun test de adiviñas da tradición oral galega o autor debullou as características deste subxénero e a técnica para a súa elaboración. Ademais, xogaron coa linguaxe e co vocabulario axudándose da papiroflexia. Construíron tamén un bico de galo que contiña novos enigmas aos que o alumnado buscou solucións.
Cortizas convidou á rapazada a seguir xogando coas palabras e o idioma, e tamén a recompilar adiviñas da súa contorna para que non se perdan.
No marco da programación do Mes do Libro, o instituto baiés recibiu tamén á escritora María Rei, quen visitou o club de lectura de adultos para compartir reflexións e impresións da súa novela Flores de ferro. Descubriu ademais detalles técnicos do seu proceso de escrita e da creación da obra, e explicou detalles da trama, das personaxes e da ambientación da historia.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos