Síguenos en redes sociales:

Estudantes de Primaria de Artes e Carreira participan nun intercambio en Vila Real

Estudantes de Primaria de Artes e Carreira participan nun intercambio en Vila Real

Vinte e sete alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Carreira e Artes (Ribeira) viaxaron á localidade portuguesa de Vila Real nun intercambio escolar promovido polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. No Agrupamento de Escolas Diogo Cao realizaron o mércores actividades en común, como unha aula de robótica e unha camiñada polos Pasadizos do Corgo. Cearon na Residencia de Estudantes, e o xoves visitaron o Palacio de Mateus e o Centro de Ciencia/Axencia da Ecoloxía.

Pulsa para ver más contenido para ti