Lalín celebrará as Letras cun serán feminino, a entrega da Pandeireta de Honra e música

Concello de Lalín, más conocido como Castro Tecnológico

Concello de Lalín, más conocido como Castro Tecnológico / ECG

Redacción

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, presentou a programación de Lalín nas Letras, coa que se celebrará do 17 ao 21 de maio o Día das Letras Galegas.

A programación ábrese o día 17 co Serán das Letras en feminino, na carballeira de Rodo. A xornada iniciarase ás 11.00 horas co baile a cargo de Montse Rivera (Leília) e a continuación o concerto de Uxía Senlle. Para as 14.45 está prevista a entrega da Pandeireta de Honra e, tras o xantar comunitario, haberá un obradoiro e actuacións de varios grupos tradicionais.

O programa continuará o día 18 ca Sesión das Letras na biblioteca municipal cos Mirlotis. Para o día 19 de maio está previsto o esperado concerto de Roi Casal, que se celebrará a partir das 22.00 horas na Praza da Igrexa. O día 20 será o Concerto das Letras ca Banda Municipal, e no salón-teatro Carballeira do Cercio presentará, ás 20.30, O Naranxo de Ramón Valenzuela.

O programa pecharase o día 21 de maio cun concerto de Xurxo Fernandes e a proxección de As bestas, de Rodrigo Sorogoyen.