Un novo vídeo de Minguante para arroupar o certame de Gazafellos
Trátase da segunda edición do concurso literario dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria

Minguante na gravación de ‘Os gatos máis tolos de París’ / Deputación
m.m.
A asociación cultural Gazafellos do Val, de Negreira, pon en marcha a segunda edición do seu concurso literario (de poesía e relato curto) dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria: o Certame das Letras Gazafellas. Ademais, dous dos directivos desta entidade, Miguel Alonso e Óscar Martínez, veñen de publicar novo videoclip do seu grupo, Minguante, gravado nas Torres de Altamira e que leva por título Os gatos máis tolos de París (tema incluído noseu novo disco, A incrible historia dos homes minguantes). Respecto do certame, hai que lembrar que a iniciativa tivo o ano pasado un grande éxito de participación. Os interesados teñen ata o vindeiro 1 de maio para remitir as súas obras por email (gazafellosdoval@gmail.com) ou entregalas no número 6 da avenida das Brañas. Na categoría lírica a extensión máxima é dunha páxina, mentres que na de relato curto estendese a cinco. Deberán ir acompañadas dos datos persoais, e os galardóns nas dúas seccións serán de 60 euros nun vale para mercar na libraría Remuíño da vila barcalesa.
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Venden en cuatro horas 320 entradas para recibir el año en el pabellón de Bertamiráns
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño