Sacarán á venda 600 vehículos no feiral TeoAuto de Reborido entre o días 5 e 7 de maio

dición 2021, la primera, del Ferial Teoauto

dición 2021, la primera, del Ferial Teoauto / Concello deTeo

Redacción

A terceira Feira do Automóbil, TeoAuto, chegará ata o entorno de Reborido, o tramo teense do Milladoiro, os vindeiros días 5, 6 e 7 de maio. E vai incluír “grandes descontos en vehículos novos, seminovos, km 0 e ocasión, con máis de seiscentos coches de tódolos modelos e marcas”, apuntan dende a organización deste evento.

Os concesionarios participantes son oito, V-Auto, Sibuscascoche, Minoautos Multimarca, JR Motor, Estrella Milladoiro, Dimonorte, Compostela Motor e Compostela Móvil. Este feiral desenvolvese nas instalacións destas msmas empresas participantes, “para maior comodidade e mellor servizo, ofrecendo así unha impecable atención e asesoramento persoalizado a cada cliente”, subliñan.

Trátase, ao seu xuízo, dunha “oportunidade única para mercar coche co mellor prezo con ofertas especiais durante estes días da feira”, aportando unha “gran variedade de stock con entrega inmediata”.

TeoAuto incluirá, como en citas anteriores, pulpeiro, postos de xeados e churros. Colabora ademais o departamento de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Teo cos principais concesionarios e naves de venda de vehículos deste entorno, que impulsan o foro.