Diversión ao redor das Letras Galegas

Unha das participantes no desfile de traxes tradicionais celebrado na Pobra / suso souto

Unha das participantes no desfile de traxes tradicionais celebrado na Pobra / suso souto / s. souto-j. ramos-m. manteiga

s. souto-j. ramos-m. manteiga

Música, artesanía, literatura, baile e gastronomía ambientaron este mércores as celebracións do Día das Letras Galegas en Área de Compostela, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego. Así, por exemplo, o histórico Pazo de Goiáns, en Boiro, e os seus amplos xardíns foron escenario da Romaría das Letras do Barbanza, na que os asistentes desfrutaron de postos de venda de libros e artesanía, exposición de cadros, exhibición de palilleiras e actuacións folclóricas, ao tempo que pudieron comer á sombra.

Trillo, esquerda, o gaiteiro Emilio Lois e García na Baña / concello

Trillo, esquerda, o gaiteiro Emilio Lois e García na Baña / concello / s. souto-j. ramos-m. manteiga

En Rianxo tivo lugar a Feira de 1906 no Campo de Pazos (Taragoña), con pasabares de Buxaina, o espectáculo de Pulpiño Viascón e, pola tarde, as actuacións de Estróupele, Nunca é tarde, Fogo Fatuo, Lusco e Fusco e Antónke. Na Pobra celebrouse o Ronsel de verbena, con roteiros guiados con estampas costumistas por varias prazas da vila, festival de canto, baile e música tradicional e un desfile de traxes galegos a cargo do obradoiro O Sarillo.

Pasarrúas musical polo centro da vila de Cee / c. de cee

Pasarrúas musical polo centro da vila de Cee / c. de cee / s. souto-j. ramos-m. manteiga

En Ribeira, os máis pequenos desfrutaron co espectáculo Picadiscos de María Faltri e en Aguiño houbo unha xornada de debuxo pola tarde, con agasallos para todos os participantes, inchables e o espectáculo Peter Punk: peor imposible.

En Ponteceso, a aldea do Couto volveu a erixirse na capital das Letras Galegas da Costa da Morte coa celebración do Dezasete. Inaugurouse un novo mural conmemorativo de Xosé Neira Vilas e as Memorias dun neno labrego, obra de Mutante Creativo. Logo da misa oficiada en galego, no adro celebrouse unha ofrenda floral cívica ante o busto de Eduardo Pondal, e a coral A Oliveira, da A. C. Monte Branco, interpretou o himno galego. Un dos actos centrais da xornada foi a entrega dos premios Bos e Xenerosos, que outorga cada ano a Fundación Eduardo Pondal e que neste 2023 foron para os escritores Manolo Rivas e María Canosa, a presentadora Pilar García Rego e o artista carballés Manuel Facal.

Unha exposición conmemorativa do 75 aniversario da orquestra Venus e unha mostra de artesanía complementaron a celebración, na que non faltaron os xogos para a rapazada e unha sesión vermú amenizada por Berto. A xornada pechouse con Xantar das Letras.

Manuel Facal, esquerda, Pilar García Rego, Manuel Rivas, María Canosa e o Lois Garcia, no Couto

Manuel Facal, esquerda, Pilar García Rego, Manuel Rivas, María Canosa e o Lois Garcia, no Couto / Concello de Ponteceso

Tamén en Cee celebraron as Letras cun pasarrúas con música da terra protagonizado polas agrupacións Mestura Fol, A.R.C.E Pedras Miúdas e Nin Chica nin Patacón, que interpretaron, entre outros temas, o himno do Antigo Reino de Galicia.

Pola súa banda, Santa Comba programamou para este xoves 18 (10.30 horas) a proxección, no multiusos local, dun documental sobre Nélida Piñón, dirixido a alumnos de 5º e 6º de Primaria, ademais de pór en marcha o certame de redacción As nosas letras 2023 titulado Unha historia narrada en Santa Comba. E o 21, Cultura Activa Producións traerá ao auditorio a obra Castelao, ás 18.00 horas, todo elo sen esquecer a mostra bibliográfica que estará aberta todo este mes na biblioteca. En A Baña entregarán este mércores o II Premio das Letras Galegas ao gaiteiro e profesor na escola de música local, Emilio Lois, mentras que na escola infantil de Negreira, Mariña Docampo ofreceu un concerto (a banda Ateneo fixo o propio anteriormente acompañada do grupo Ailá) para a cativada.

A biblioteca de Brión organizou representacións de teatro, con Xarope Tulú e Diáspora Teatro, ademais de preparar unha escolma de obras do homenaxeado nas súas instalacións. Na véspera, o Concello entregou o premio Laudamuco de teatro ao autor Vicente Piñeiro pola obra Devólvennos a Xermánico.

Os veciños e visitantes de Val do Dubra puideron desfrutar da mostra Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego, e o 27 de maio a compañía Migallas Teatro representará Falemos como galegas no auditorio municipal, ás 18.00 h.

Tamén A Estrada celebrou a festividade do galego co pregón do escritor Celso Sanmartín e a xa tradicional ofrenda floral na alameda municipal, sen esquecer a actuación da Asociación de Gaitas de Barbude e o concerto das Letras a cargo da Banda Municipal.

Silleda organizou un pasarrúas co Grupo de Gaitas da Escola de Música de Silleda (EMUSI) pola vila, concerto do grupo de Acordeóns da escola local de música e, dentro do Musigal da Deputación Provincial de Pontevedra, outro recital a cargo do gaiteiro Anxo Lorenzo Band.

Lalín envorcouse cun Serán das Letras en Feminino na carballeira de Rodo, no que actuou Uxía Senlle, xunto con Ugía Pedreira, a quen se lle entregou a Pandeireta de Honra. Tamén houbo obradoiro de baile de Montse Rivera, e outro de pandeireta con Bea, de Adufeiras do Salitre.