Síguenos en redes sociales:

Bricandeira e A Requinta arroupan a Arreixeira no seu trinta aniversario

Bricandeira e A Requinta arroupan a Arreixeira no seu trinta aniversario

Cunha actuación na pista deportiva de Arretén, xunto á casa da cultura de Padrón, a Agrupacion folclórica e cultural Arreixeira celebra este sábado, día 27 de maio, o seu trinta aniversario. Unha xornada festiva na que o grupo padronés estará arrroupado por Brincadeira e A Requinta de Laxeira e que se iniciará ás 20.00 horas. Dende a organización lémbrase que haberá churrasco e empanada para todos los asistentes. A AC Arreixeira é unha agrupación fundada en 1991 en Iria. Esta entidade leva máis de 30 anos promovendo e ensinando música e baile tradicional. A formación é un dos seus grandes obxectivos dende a súa fundación, aínda que tamén actúa e participa en festivales folk e moitas das festas que se organizan nos distintos concellos galegos. Con varios discos no mercado e máis de medio centenar de socios, Arreixeira leva a súa música e baile, non só por toda Galicia, senón a outras zonas de España e, incluso, ao veciño Portugal, ademais de realizar varias intervencións en diversos programas de televisión.

Pulsa para ver más contenido para ti