Noia promocionou o seu festival de arpa con recitais en tres comunidades

Beatriz Martínez e Diego Langarika no recital de Salamanca / c.de noia

Beatriz Martínez e Diego Langarika no recital de Salamanca / c.de noia / S. SOUTO

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest), o único certame de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa, presentouse estes días nas comunidades de Asturias, Castela e León e Navarra. O dúo conformado pola arpista Beatriz Martínez e o guitarrista Diego Langarika realizou unha pequena xira de recitais coa colaboración do Xeodestino Ría Muros-Noia, á fin de dar a coñecer tanto a décima edición do certame galego como o valor patrimonial do territorio no que se desenvolve. As actuacións destas presentacións tiveron lugar no Conservatorio Pablo Sarasate de Pamplona, na Biblioteca Pública Jovellanos de Xixón e nos conservatorios profesionais de Valladolid e de Salamanca. A décima edición do festival celebrarase do 3 ó 6 de agosto e reunirá a bandas e solistas de Alemania, Escocia, España, Francia e Irlanda, así como unha mostra representativa do talento máis próximo a través da orquestra folk SonDeSeu e do alumnado das escolas de arpa de Galicia.