ELECCIONES MUNICIPALES 28M

Socialistas brioneses terán que entenderse cos nacionalistas

O BNG de Corcubión buscará apoios para garantir a estabilidade

El socialista Pablo Lago, alcalde de Brión

El socialista Pablo Lago, alcalde de Brión / ECG

Aínda que o candidato socialista á alcaldía de Brión, Pablo Lago, gañou as eleccións acadando media ducia de edís, o certo é que perdeu un nunha Corporación composta por trece veciños. Por iso, e se quere sacar adiante as súas políticas terá que buscar ou ben un pacto co BNG ou ben acordos puntuais, xa que esta fronte nacionalista medrou dende os dous ata chegar a tres concelleiros. As dúas formacións, que chocaron en distintas polémicas ao longo deste mandato, teñen na súa man continuar dándolle unha pátina de progreso a este municipio maián diante dun Partido Popular que tamén creceu, acadando catro munícipes (antes tiña tres). Pero é que, ademais, as dúas esquerdas están na obriga de demostrar que se entenden se queren poñerlle freo a unha oposición de centro dereita que vai a máis, xa que pasou de 835 votos a 1.158.

Corcubión

Francisco Javier Domínguez (BNG, 4 ediles) perfílase como o futuro alcalde de Corcubión e tomará o relevo do socialista Manuel Ínsua, quen renunciou xa a formar parte da nova Corporación tras quedar o PSOE con só 2 edís.

Javier Domínguez, del BNG, es el principal aspirante a ser el nuevo alcalde de Corcubión

Javier Domínguez, del BNG, es el principal aspirante a ser el nuevo alcalde de Corcubión / BNG

Domínguez establecerá contactos con todos os grupos “para tentar de formar un goberno estable”, aínda que non descarta gobernar en minoría “se non chegamos a un acordo programático razoable”. A próxima semana reunirase cos socialistas e tamén o fará con representantes do PP (2) e co edil de Sempre Corcubión. “Temos as portas abertas para dialogar con todos”, afirma o líder nacionalista.

Se acadan finalmente o goberno ten claro que unha das prioridades será “abrir o centro de día, porque é un servizo moi necesario non só para a veciñanza de Corcubión, senón tamén da contorna”.