Máis de once mil veciños de Carballo, o 35% da poboación, teñen máis de sesenta anos
Mellorar a calidade de vida e fomentar o envellecemento activo durante o maior tempo posible son os obxectivos das actividades promovidas polas áreas de Benestar e Terceira Idade deste concello
Mellorar a calidade de vida e fomentar o envellecemento activodurante o maior tempo posible son os obxectivos das actividades promovidas polas áreas de Benestar e Terceira Idade de Carballo, un municipio que conta con más de 11.000 persoas maiores de 60 anos. Esta semana clausuráronse os cursos de memoria organizados polo Concello e impartidos por profesionais de Afaber, nos que participaron 150 persoas que se repartiron entre as parroquias de Lema, Noicela, Razo, Sofán, Verdillo, Sísamo, Ardaña e tamén Carballo.
O alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Benestar, Maica Ures, e o presidente de Afaber, Jesús Villar, fixéronlles entrega dos diplomas e animáronos a seguir exercitando a mente, “porque moitas veces nos esquecemos de que, ademais do exercicio físico, é moi importante a ximnasia mental”, díxolles a concelleira.
Os cursos, que forman parte do programa municipal de envellecemento activo, viñeron celebrándose dende o mes de outubro nos distintos centros sociais.
Temas
Más en Área
-
Cuatro personas, dos menores, evacuadas tras una colisión entre dos coches en Padrón
-
Educación alaba la cooperación “plena” y dará su apoyo en la transición de director en el Instituto do Milladoiro
-
Cuenta atrás para que Milladoiro tenga colegio con la ‘descarga’ que se prevé el próximo día 22 de la línea eléctrica enterrada
-
Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra y Muxía reforzarán la impulsión de agua desde el embalse a la ETAP