Un congreso estatal recoñece como práctica excelente o plan de sustentabilidade de Amicos

Participantes na recollida no entorno do río Sar, unha actividade pasada da asociación Amicos

Participantes na recollida no entorno do río Sar, unha actividade pasada da asociación Amicos / Amicos

Redacción

O proxecto Amicos CO2 da asociación de persoas don discapacidade intelectual Amicos foi un dos 4 seleccionados na categoría ambiental como práctica excelente no congreso estatal Enredando sustentabilidade e inclusión, organizado por Plena Inclusión España xunto a Plena Inclusión Castilla e León os pasados días 8 e 9 de xuño.

O proxecto abarca a instalación de sistemas de enerxía máis eficientes nos centros e actividades en espazos naturais que buscan conectar ás persoas con discapacidade intelectual cos retos sociais e ambientais aos que nos enfrontamos, facéndoas partícipes dos mesmos. Ó mencionado congreso enviáronse 106 prácticas de entidades de toda España, e un comité científico seleccionou as 12 excelentes e as 9 destacadas.