Premian aos alumnos do Manuela Rial de Cee por recrear nun vídeo o ciclo integral da auga
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, entregou aos alumnos e profesores do Colexio Manuela Rial, de Cee, o Premio Escolar Innovaguas 4.0, polo seu vídeo As pinguiñas viaxeiras, elaborado polos nenos e nenas de segundo de Primaria.
Vázquez felicitounos polo seu esforzo na elaboración do audiovisual “e a escenificación, a través de Hidra, a pinga viaxeira, de todo o ciclo da auga, desde a fonte de captación ata o proceso de potabilización antes de chegar ás casas, e a fase de depuración antes de ser devolta ao medio en condicións axeitadas”.
Destacou ademais a posta en escena, “moi visual e atractiva”, así como a mensaxe “sinxela e moi comprensible”. O colexio ceense fíxose co primeiro premio na provincia da Coruña e recibirá 3.000 euros.
Este certame, dirixido a nenos de primeiro e segundo, busca incentivar a educación ambiental entre os máis novos arredor da utilización responsable da auga e a necesidade do seu coidado, “porque é un ben que se esgota”, subliñou Vázquez.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos