Catro grupos punteiros galegos actuarán no Millarock

Integrantes da Banda da Loba /cedida / s.e.
Todo está listo no Milladoiro para acoller a duodécima edición do festival Millarock, que se desenvolverá o vindeiro venres 30 de xuño no aparcadoiro da Travesía do Porto (en fronte da escola infantil), a partir das 21.00 horas. O evento, organizado polo departamento de Cultura de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, é xa unha das citas consolidadas do concello, e naceu co obxectivo de promover o rock galego e de impulsar grupos emerxentes da contorna, combinándoos coas actuacións doutras bandas xa consolidadas. Nesta ocasión participarán os grupos A banda da loba, Eladio y los seres queridos, Fillas de Cassandra e Las ninyas del Corro. A entrada será libre e de balde.
Un ano máis, O Milladoiro convértese en punto de encontro para os amantes do rock coa chegada do Millarock, que este ano alcanza a súa edición número doce. O evento continúa apostando pola música en galego, con ampla presenza feminina e combinando bandas emerxentes con outras consolidadas. Nesta edición, o festival renova o seu formato incorporando algunhas novidades como o cambio de localización ao aparcadoiro da Travesía do Porto, fronte a escola infantil e tamén fai unha forte aposta por incorporar outros estilos.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»