O alcalde brionés cobrará 49.000€ e os populares din que lle ofreceron gobernar ao BNG

Pleno de organizacion no Concello de Brión

Pleno de organizacion no Concello de Brión / Concello

O pleno de Brión caracterizouse polas continuas críticas entre o goberno do PSOE en minoría (6 edís), o PP (4) e BNG (3). Finalmente, o rexedor salvou o seu soldo –49.000 euros brutos ao ano– e dedicacións coa abstención dos populares, quen botaron a bomba da sesión: ofrecéranlle gobernar aos nacionalistas. E estes, á súa vez confirmaron que rexeitaran o convite para a alcaldía “dun partido que pacta con VOX”.

No que atinxe as delegacións, Sandy Cebral Gómez, primeira tenente de alcalde, leva xa Cultura, Biblioteca e Actividades Extraescolares (cobrará 600 euros ao mes); Carlos Noya Pereira, segundo tenente de alcalde, percibirá mil euros ao mes e ten as competencias en Deportes, Seguridade Cidadá, Policía Local, Protección Civil, Sinalización e Festas; José Antonio Vidal González será terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Obras Públicas, Mantemento e Alumeado; Rosa Romero Fariña, cuarta tenente de alcalde e concelleira de Política Social, Servizos Sociais, Igualdade, Maiores e Música; e María Guarina Rey Vázquez, que recibirá outros 600 € ao mes, terá Turismo, Patrimonio, Promoción Económica e Emprego.

Destacar que o PP nomeou portavoz ao número 3, Adrián García.