muros e noia
Laxe aprobou unha dedicación exclusiva de 32.000 euros para o edil Eulogio Constantino
Raquel Lema terá unha parcial de 16.000 euros e asume Cultura, Turismo, Comercio e Hostalería

O alcalde popular de Laxe, José Luis Pérez Añón / c.l.
A Corporación municipal de Laxe celebrou un pleno extraordinario no que quedou conformado o novo equipo de goberno para os próximos catro anos. A maiores, aprobáronse unha dedicación exclusiva e outra parcial. O executivo municipal está presidido polo rexedor José Luis Perez Añón (PP). O primeiro tenente de alcalde, Francisco Charlín Oróns, será o encargado das áreas de Deporte e Pesca, mentres que Raquel Lema Allo, segunda tenente de alcalde, asumirá Comercio, Hostalería, Turismo e Cultura.
A concellería de Servizos Sociais, Emprego e Igualdade estará a cargo de Sandra Mouzo Pose; as áreas de Xuventude, Festas e Medio Ambiente serán asumidas por Daniel Mata Martínez; e, finalmente, Eulogio Constantino Castiñeira ocuparase das concellerías de Persoal, Obras, Servizos e Praias.
Na sesión tamén se aprobou unha dedicación exclusiva para o edil Eulogio Constantino, pola que percibirá un total de 32.000€ anuais brutos, e unha parcial para Raquel Lema, concelleira delegada de Comercio, Hostalería, Turismo e Cultura. Neste caso, o traballo da edil será retribuído cun salario de 16.000 euros anuais brutos.
Asimesmo, no pleno saíu adiante o réxime de indemnizacións por asistencias aos órganos colexiados que non teñan atribuída dedicación parcial ou exclusiva. Serán 50 euros por asistencia ás sesións plenarias, 50 por asistencia ás sesións da comisión informativa de Asuntos Xerais e da comisión especial de Contas e 100 euros por asistencia ás xuntas de goberno.
Doutra banda, fixáronse as periodicidades das sesións do pleno e da xunta de goberno local. As sesións ordinarias celebraranse con carácter bimestral o último xoves de cada mes impar, as 20.00 horas, ao igual que se viñeron celebrando os últimos catro anos. Todas terán lugar no salón de plenos da casa consistorial, mentres que a xunta de goberno local reunirase cada 15 días, no día e hora que estableza por decreto a Alcaldía.
O reparto de dedicacións contou cos votos a favor do PP. No caso da dedicación parcial, o BNG e o PSOE votaron en contra, mentres que Podemos Laxe abstívose. En canto á dedicación exclusiva, todos os grupos da oposición votaron en contra. A creación da xunta de goberno tamén contou co apoio do PP, mentres que BNG, PSOE e Podemos Laxe votaron en contra.
Por outra banda, a aprobación das indemnización e asistencias só obtivo os votos a favor do Partido Popular. O resto abstivéronse.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre