Val do Dubra celebra do tres ó cinco de agosto a festa Emigrante, que inclúe unha sardiñada

Haberá actuacións musicais, de circo e teatro, torneo de petanca e de xadrez

O alcalde, 2º pola esquerda, cos edís e Mariña Bouzas / c. val do dubra

O alcalde, 2º pola esquerda, cos edís e Mariña Bouzas / c. val do dubra / suso souto

O Concello de Val do Dubra e a Asociación Cultural Emigrante organizan a festa Emigrante 2023, que se celebra do xoves 3 ó sabado 5 de agosto. O programa foi presentado polo alcalde, Diego Luis Díaz; a presidenta da entidade, Mariña Bouzas; as concelleiras de Cultura e Igualdade, Celsa Oreiro e Tania Barcia; e o edil de Deportes, Iván Barcia. Os actos comezan o 3 coa Festa da Cervexa, na que actuarán Leite con Jalletas e DJ Gabry Salgado.

O venres 4 haberá un acto ante o consistorio ás 13.00 no que participarán a Asociación de Mulleres Rurais de Val do Dubra e actuará Regueifa. Pola tarde será o Jran Prix, no que as peñas poderán gozar dunha serie de retos, para logo rematar cunha cea organizada pola citada asociación en colaboración coa S.D. Dubra.

Na verbena están previstas a actuación da orquestra Finisterre, Los Coleguitas e Disco Móbil Troula. O sábado 5 pola mañá haberá torneo de petanca, sardiñada, torneo de xadrez e o espectáculo de circo e teatro Ghop!, mentres que as orquestras Furia Joven e Gran Parada amenizarán a verbena.