Síguenos en redes sociales:

O centro de saúde de Ordes contará cunha caldeira de biomasa

O centro de saúde de Ordes contará cunha caldeira de biomasaCedida

A Xunta de Galicia acaba de sacar a licitación un lote de obras para introducir enerxías renovables nos centros de saúde galegos valorado en 1,5 millóns de euros.

Dentro do mesmo está incluída a instalación dunha caldeira de biomasa por importe de 158.561 euros no centro de saúde de Ordes, tal e como anunciaron onte o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente do Área Sanitaria, Eloína Núñez Masid, durante unha visita ás instalacións sanitarias, acompañados polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo , o director de atención primaria da área compostelá, Felipe Calle e o xefe de servizo do centro, Jacobo Laia.

A xerente da Área Sanitaria apuntou que “este contrato materialízase a través dun acordo entre o Sergas e o Inega, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que promove a través da Axenda Enerxética Galicia 2023 a integración de enerxías renovables en edificios públicos”. Destacou así mesmo, que supón un novo impulso dentro da aposta pola sustentabilidade da área sanitaria compostelá.

Pulsa para ver más contenido para ti