O Concello de Silleda alerta a Patrimonio da deterioración do muro do mosteiro de Carboeiro
Aseguran que xa son visibles os desprazamentos das pedras e que xa se rexistrou algún desprendemento
Lembran que xa veñen solicitando a súa mellora dende o ano 2018
O Concello de Silledavén de remitir un informe á Dirección Xeral de Patrimonio alertando sobre o mal estado do muro exterior que rodea o claustro do mosteiro de Carboeiro na parte oeste. A deterioración da construcción, engaden, “é cada vez máis preocupante, con visibles desprazamentos das pedras que provocaron xa algún desprendemento”. Lembran dende o goberno local que dita situación xa foi advertida polo Concello de Silleda en 2018, retirándose dous anos despois, en 2020, e solicitando incluir a súa reparación no último proxecto de restauración do mosteiro que se levou a cabo nese mesmo ano.
“Agradecemos que se tivera intervido no mosteiro con reparacións que eran moi necesarias pero o mal estado e a deterioración cada vez máis grande deste muro, é apremiante”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que advirte que está xusto á carón da zona de acceso dos visitantes ao mosteiro silledense.
O rexedor advirte que o edificio, declarado como Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931, precisa de novas intervencións para avanzar na súa recuperación, “polo que xa vimos reclamando que se retome o Plan Director para Carboeiro”, engade.
Ademais sinala que o monumento está a recibir cada vez máis visitantes e convertíndose nun reclamo habitual para rodaxes e gravacións de distintos traballos audiovisuais. Así, o pasado mes de agosto entraron ao mosteiro 3.042 persoas, superando as cifras de anos anteriores.
Por outra banda, o Concello informa que dende o día 1 de outubro o mosteiro terá un novo horario de visita. Así, volverá pechar as súas portas nas xornadas dos luns e estará aberto –de martes a domingo – de 11.00 a 14.30 horas; e pola tarde adiántase a hora de peche, estando a entrada dispoñible de 16.00 a 19.00 horas. Dende o mes de xuño o monumento estivo aberto todos os días, grazas á incorporación do novo guía contratado a través da liña de axudas da Rede Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra. Este horario aplicarase ao longo de todo o mes de outubro, para pasar a partir de novembro ao horario de inverno.
O mosteiro de Carboeiro é un dos principais reclamos turísticos do municipio de Silleda. A súa estrutura arquitectónica encádrase no románico de transición cara ao gótico serodio, e constitúe un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega.
As súas orixes remóntanse ao século X, cando no ano 1936 os concedes de Deza impulsaron a súa construción nunha propiedade dun ermitaño chamado Egica.
Temas
Más en Área
-
Alrededor de 650 mayores festejaron el San Isidro en Rois y homenajearon a Xan do Pemento
-
Ames e Santiago conservan a Festa do Apego para darlle pulos ao idioma de Castelao e de Rosalía de Castro dende a nenez
-
La CIG critica la caída del falso techo en la escuela infantil de Milladoiro y la Xunta asegura que va a cambiar el tejado
-
La Unidade de Atención Temperá de Negreira y Val do Dubra mejora problemáticas de setenta y cinco chavales