Reflexión teatral sobre a homofobia, o acoso e os prexuízos sociais con ‘O pequeno poni’ en Carballo
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) convida á reflexión sobre a liberdade, a homofobia, os prexuízos sociais e o acoso escolar a través da estrea absoluta do espectáculo O pequeno poni, da compañía Redrum Teatro, que foi presentado este venres en Carballo.
A montaxe, dirixida por Alex Sampayo e protagonizada por Guillermo Carbajo e Laura Míguez, está baseada nun texto asinado polo dramaturgo Paco Bezerra. Será posta en escena o venres, ás 21.00 horas.
A Xunta de Galicia contribuíu á súa produción cunha subvención, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, durante a presentación, fixo fincapé na na consolidación de Redrum Teatro como “referente de calidade e continuidade no panorama escénico, sempre apostando por tramas de contido social, conectadas coa actualidade e con interpretacións destacadas”. No acto tamén participaron o alcalde carballés, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez; e o director do FIOT, Alberto Sueiro, entre outros.
Temas
Más en Área
-
Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na segunda Feira do Pan e do Cereal de Bugallido
-
O Pino Aventura e as súas paraxes atraen sesenta persoas das catro provincias galegas
-
Rois solicita a Medalla Isabel a Católica para a sarxento da Garda Civil de Padrón
-
Pelotas amarelas que achegan a descontos e tapas en Baio