Reflexión teatral sobre a homofobia, o acoso e os prexuízos sociais con ‘O pequeno poni’ en Carballo

Sueiro, esda., Míguez, Ferrero, Sutil, Carbajo e Suárez/ vanessa rábade

Sueiro, esda., Míguez, Ferrero, Sutil, Carbajo e Suárez/ vanessa rábade / J. M. raMOS

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) convida á reflexión sobre a liberdade, a homofobia, os prexuízos sociais e o acoso escolar a través da estrea absoluta do espectáculo O pequeno poni, da compañía Redrum Teatro, que foi presentado este venres en Carballo.

A montaxe, dirixida por Alex Sampayo e protagonizada por Guillermo Carbajo e Laura Míguez, está baseada nun texto asinado polo dramaturgo Paco Bezerra. Será posta en escena o venres, ás 21.00 horas.

A Xunta de Galicia contribuíu á súa produción cunha subvención, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, durante a presentación, fixo fincapé na na consolidación de Redrum Teatro como “referente de calidade e continuidade no panorama escénico, sempre apostando por tramas de contido social, conectadas coa actualidade e con interpretacións destacadas”. No acto tamén participaron o alcalde carballés, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez; e o director do FIOT, Alberto Sueiro, entre outros.