Lalín premiará cunha tablet a mellor carta do concurso ‘Dillo a quen maltrata’

As tres mellores cartas elixidas por un xurado entre as vinte preseleccionadas pola organización serán premiadas cun diploma acreditativo e con dispositivos electrónicos de lectura

As tres mellores cartas elixidas por un xurado entre as vinte preseleccionadas pola organización serán premiadas cun diploma acreditativo e con dispositivos electrónicos de lectura / Concello de Lalín

Redacción

O Concello de Lalín, con motivo do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, convoca a vixésima edición do concurso de cartas Dillo a quen maltrata. O prazo estará aberto ata o día 9 e o certame ten como finalidade promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións (física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria...) así como os efectos e consecuencias da mesma. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e deberán ter unha extensión máxima de dous folios.

O primeiro premio é unha tablet valorada en 269 €; o segundo, unha tablet valorada en 169 €; e o terceiro un libro electrónico (129 €).