Bertamiráns xa ten alumeado led para aforrar un 83%

Participantes en la inauguración del alumbrado led de Bertamirans

Participantes en la inauguración del alumbrado led de Bertamirans / Concello

O Concello de Ames inaugurou o novo sistema de alumeado LED de Bertamiráns cofinanciado con fondos Feder (por 437.511 €) na noite deste mércores. O alcalde, Blas García, e a concelleira da unidade executora da Edusi, Susana Señorís, interviron no acto cun percorrido que comezou na Praza do Concello. En total, substituíse 940 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, de potencia inferior pero que achegarán un fluxo luminoso similar e aforrarán un 83%. E tamén se van cambiar 210 soportes por outros de máis altura. As novas luminarias dispoñen de driver preprogramado para redución de fluxo de maneira automática de forma temporizada unha vez activada a orde de aceso das instalacións. Ademais, leváronse a cabo a substitución de 16 centros de mando por outros novos e reformaranse 2 centros de mando para adaptalos ao regulamento. Por último, reforzouse a rede de terra e instalouse un sistema de telexestión para un control personalizado da iluminación local. 

TEMAS