Cáritas, Cruz Vermella e o Concello de Vimianzo promoven unha gala artística solidaria
Será o día 17 de decembro na casa da cultura
Recolleranse doazóns de alimentos non perecedoiros
O Concello de Vimianzo colaborará, un ano máis, con Cáritas e Cruz Vermella para realizar a xa tradicional Gala Solidaria de Nadal. O evento terá lugar o domingo 17 de decembro na casa da cultura, a partir das 17.00 horas. Durante a celebración realizaranse actuacións artísticas e un sorteo de agasallos. Para poñer o broche de ouro haberá chocolatada para todas as persoas asistentes.
As entradas estarán dispoñibles á venda en Cáritas e Cruz Vermella. Ademais, o propio día da gala habilitarase un punto de venda na casa da cultura. Aquelas persoas que non poidan asistir, pero queiran aportar o seu grao de area, poderán mercar os pases a modo de colaboración (Fila 0). Poderanse realizar tamén doazóns de alimentos non perecedoiros a través das caixas solidarias, que estarán dispoñibles nos supermercados, igrexas, centros educativos, Concello e nas sedes de Cruz Vermella e Cáritas.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos