Lalín recolle nun documental etnográfico a historia e o bo facer dos Trasnos de Doade

Integrantes do grupo de gaitas Os Trasnos de Doade /casa do patrón

Integrantes do grupo de gaitas Os Trasnos de Doade /casa do patrón / redacción

Redacción

O Museo Etnográfico Casa do Patrón acolleu a presentación do documental etnográfico Os Trasnos de Doade, herdeiros dunha tradición musical. Ao acto asistiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a tenente de alcalde, Paz Pérez; as concelleiras Raquel Lorenzo e Noelia Seixas; o antropólogo Rafael Quintía, director do audivosivual; os directivos da UNED de Pontevedra Alfonso Vázquez e Rafael Cotelo; o mestre Plácido Rozas, e representantes doutras agrupacións musicais.