Mobilización en Val do Dubra en defensa das montañas e contra as instalaciones eólicas

Dende a coordinación das marchas aseguran que participaron unhas 2.000 persoas

Participantes na mobilización en Val do Dubra / coordinadora eólica

Participantes na mobilización en Val do Dubra / coordinadora eólica / redacción

Redacción

Val do Dubra acolleu este domingo unha das seis mobilizacións convocadas en Galicia pola Coordinadora Eólica Así Non, coincidindo co Día Mundial das Montañas, baixo o lema Defendemos as montañas contra os gobernos e especuladores.

A pesar da choiva, o vento e a néboa, os participantes camiñaron dende a aldea de Carlexo ata o alto do Picoto. “Debido ao mal tempo, apenas se puideron divisar os enclaves de Val do Dubra e da Baña onde se veñen de autorizar varios parques eólicos, xa recorridos nos tribunais”, sinalan os promotores.

Subliñan ademais que, dende o miradoiro do Picoto “tamén se poden ver as proximidades á lagoa de Alcaián onde xa foron anulados dous polígonos eólicos (Campelo e Bustelo) e outro está paralizado cautelarmente pola Xustiza (Monte Toural)”.

Ademais de en Val do Dubra, tamén houbo mobilizacións en Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Vilar do Barrio e Ortigueira. Dende a Coordinadora Eólica Así Non aseguran que en todas as marchas participaron unhas 2.000 persoas.