A veciñanza de Dodro continúa a mobilizarse por falta de médico
Ao non cubrirse unha das prazas facultativas, estanse a dar citas para o día 15 dende a pasada semana
O Bloque concentrouse nas portas do dispensario, e asegura contar co apoio dos doentes e lugareños
A veciñanza de Dodro afectada polos recortes no seu centro de saúde segue a protestar reclamándolle ao Sergas cubrir a vacante. E este luns continúa sen estar operativo o posto do piso de arriba, avisando desde o centro co mesmo cartel das semanas pasadas, o que provoca que se deran citas para o próximo día 15 desde a semana pasada xa. Segundo o nacionalista Xoán B. Mariño, "un só médico non da atendido ben a todo o municipio", segundo lle corroboraban á saída do ambulatorio ao portavoz do BNG de Dodro.
Xoán Bautista Mariño díxolle ás persoas que acudiron ao centro de saúde que continuarán coas mobilizacións que iniciaron hai xa tres semanas ao ver que o Sergas non cubría a tempo completo a praza vacante. "O Bloque quere o mesmo que a poboación de Dodro: menos propaganda e máis atención. Sabemos que estanse presentando queixas e animamos a seguir cubrindo reclamacións ata que se solucione o problema de recortes que instalou o PP desde a Xunta e que agora se sinte, aínda máis directamente, desde o centro de saúde de Dodro", reseñan as mesmas fontes.
Malestar en Dodro por los acechos nocturnos al jabalí y el impacto de un disparo contra una casa
As persoas que este luns se achegaron ao ambulatorio "agradeceron a iniciativa nacionalista e coincidiron en que hai que protestar cursando máis reclamacións para evitar a falta de persoal nun servizo primordial como a sanidade pública. O BNG seguirá reclamando para a veciñanza melloras neste sector público e anuncia outras iniciativas fronte aos recortes ata que se volva á normalidade que rompeu o Sergas en Dodro", rematan os nacionalistas.
Temas
Más en Área
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos
-
Fallece una mujer tras chocar su coche con un camión en Frades y creen que ambos vehículos invadieron el carril contrario
-
Sellan las fisuras en el sistema depurativo de Lalín que causaba vertidos a un curso fluvial en la parroquia de Cercio